MARATHON

Ar fresco 

Inma López Silva 

A aparición de Voadora no panorama teatral galego supuxo ese toque de frescura que garante o relevo xeracional e, sobre todo, a continuidade para un teatro que, nos albores do século XXI e ante o cuestionamento de moitos dos seus alicerces fundacionais precisa de garantías que conten co favor do público. Voadora inscríbese nun grupo de formacións felizmente lideradas por unha xeración de directoras de escena que optan decididamente por fuxir das linguaxes máis tradicionais para situar o teatro galego como unha estación máis da contemporaneidade teatral europea e, por que non, das linguaxes posdramáticas.

Nacida en 2007, e formada desde o seus inicios por Marta Pazos, Hugo Torres e José Díaz, Voadora soubo aproveitar para as súas creacións a formación interdisciplinar dos seus membros (a dirección de escena, a experiencia nas artes plásticas, a interpretación e a música) para construír un teatro que gaña un oco propio na fragmentaridade, no lirismo e na ruptura coas estruturas aristotélicas clásicas. Ademais, atopan a individualidade no uso do sentido do humor e dunha fonda ironía como recursos desde os que demostrar que non todo o posdrama contén en si mesmo unha certa tendencia á traxedia. Irreverentes, divertidos e en ocasións nostálxicos, os Voadora apreixan pola orixinalidade das súas propostas e, sobre todo, por unha capacidade para cuestionárense a si mesmos pouco habitual entre aqueles que traballan cun modelo escénico que, evidentemente, funciona.

Incansábel investigadora nas posibilidades plásticas da teatralidade, Marta Pazos procura tamén a performatividade en todos os seus extremos algo que se observa na súa primeira produción verdadeiramente relevante, Super 8 (2010) e que adquire cotas de madurez en Tokio 3 (2010). A fragmentaridade como punto de partida construtivo que funciona con especial eficacia en Waltz (2013) amósase como reto desde o que deconstruír un dos clásicos máis venerados da Historia do Teatro, A Tempestade (2014), obra que os consagra definitivamente entre un público moito máis amplo do habitual entre as tendencias máis contemporáneas e que outorga a Voadora un recoñecemento que vai moito máis alá dos reducidos círculos críticos.

A traxectoria de Voadora, fulgurante, semella prometer que terá moito que dicir nos vindeiros anos dun teatro galego que deberá tomar decisións importantes en canto á súa propia definición e á reformulación das formas de facer e producir, máis diversas, menos dependentes dos poderes públicos e, sobre todo, máis internacionalizadas, características todas elas que xa pon en práctica esta compañía. A permanencia do sopro refrescante de Voadora, nese sentido, faise desexábel e, sobre todo, ilusionante.

MARATHON: unha retrospectiva VOADORA no ALT15

O día 1 de Marzo o 14º Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ofreceu unha programación especial adicada ao traballo da compañía VOADORA.

Presentáronse en varios espazos da cidade parte dos espectáculos que marcaron a traxectoria da compañía. A xornada completouse o día 20 no Auditorio do Concello con A TEMPESTADE o último espectáculo da compañía. 

 

marathon

PREME AQUÍ PARA COMPRAR A TÚA ENTRADA

* * * MARATHON 01· 03· 2015 * * *

16h Casa Arines. NUN FILME SEMPRE POP

Mesa redonda integrada por Inma López Silva, Manuel Xestoso e Camilo Franco.

17h Auditorio do Concello de Vigo QUEN GOSTE DE POESÍA QUE GRITE :”MISERIA”

Coa colaboración da ESAD de Galicia

Os alumnos da ESAD de Galicia cos que a compañía traballa nun atelier de creación artística durante a semana do MARATHON presentan esta peza de Voadora inédita en España.

17:30h Autobús con saída da Praza do Rei. 1º FOTOGRAMA DE SUPER8

18:00h Auditorio Afundación. WALTZ

Espectáculo estreado en 2013. Premio da Crítica de Galicia 2013. 3 Premios IndiFest (Mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e premio do público). Premio María Casares mellor vestiario. Seleccionado Circuito Red Nacional de Salas Alternativas 2013. WALTZ é un conto que fala de amor e desamor, de namoramentos e rupturas, da vida compartida e da lembranza de amores perdidos.

19:15h Autobús con saída da rúa Marqués de Valladares n 2ª FOTOGRAMA DE SUPER8

19:30h Hall do Auditorio do Concello de Vigo. MERENDOLA

O ALT15 ofrece un ágape para coller forzas cara a segunda parte de xornada.

20:00h Auditorio do Concello de Vigo. TOKIO3

Espectáculo estreado en 2012. Premio da Crítica de Galicia 2013. 5 Premios María Casares, Finalista Premio MAX Mejor espectáculo revelación, 3º Premio Nacional para Directoras de Escena. TOKIO3 é un espectáculo sobre o paraíso. Unha fábula chea de monstruos, samurais e area onde seis actores nos sorprenden cunha visión moi particular da Divina Comedia de Dante Aligheri.

21:30h Hall do Auditorio do Concello PARTY

Fin de Festa no hall do Auditorio Municipal Concello de Vigo con convidado especial

*** A COMPAÑÍA ***

VOADORA nace en 2007 integrada polo actor-músico Hugo Torres, o produtor-realizador-músico José Díaz e a directora-actriz-artista plástica Marta Pazos.

Con sede en Santiago de Compostela o seu espíritu nómada lévalle a desarrollar sempre os seus proxectos e residencias artísticas entre Portugal e España. Nestes 8 anos a compañía produciu 10 espectáculos deixando que as inquitudes artísticas marcaran o camiño e procurando sempre a maneira de involucrar a artistas, institucions e públicos de diferentes realidades nunha suma de sinerxias que vai asentando sólidamente o futuro para producións cada vez máis arriscadas.

A libertade escénica coa que encara os seus proxectos valeulle unha traxectoria chea de premios, loubanzas e presenza constante en prestixiosos festivais de teatro contemporáneo. A partires da música en vivo, a beleza, a ironía e o movemento, Voadora constrúe unha linguaxe moi personal, un universo de sensacións, de espazos e emocións.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s